“Ante o mercado da droga que hai nesta comarca non podemos calar a boca”
El presidente de la Diputación asegura que "esa realidade pode mudarse"

Diez años es el plazo que se marca el presidente de la Diputación para acabar con el mayor mercado de la droga del norte de la península, entre Ferrol y Narón. “O PSOE liderou sempre os grandes cambios sociais deste país, coa colaboración da sociedade española e doutras forzas políticas, por suposto, e a loita contra a droga ten que ser unha reflexión permanente nos discursos e nos debates e nas participacións públicas dos nosos representantes”, señaló en las Conversas no Parador el máximo responsable del organismo provincial, que apeló a la conciencia y a la humanidad de los políticos.
“Se coñeces o sufrimento das familias que teñen a malísima sorte de sufrir o drama da droga e non fas nada para mudalo, non che fai digno de ser representante público: en Ferrolterra está o maior mercado da droga do norte de España e ante esa situación non podemos calar a boca”. La receta, concretó, es “multidisciplinar”. “Por unha banda, temos que incrementar a nosa esixencia de maiores unidades policiais, de reacción contra esta lacra, e tamén reclamar aos Concellos que pidan axuda e que falen disto tamén, que non asuman que non é unha realidade cambiable, porque é perfectamente cambiable se se quere, se todos empezamos a falar diso e comprometemos acción política contra iso”.
En ese sentido, aseguró que el PSOE va a “liderar” esa batalla y, además, se marca el objetivo de “mudar esa realidade no prazo de dez anos”, no solo con más medios policiales y más concienciación municipal, sino también exigiendo “ao eido xudicial compromiso con esta realidade e que non teñamos que explicar como un narcotraficante que é capturado pola Policía Nacional en 48 horas está na rúa despois de que un avogado madrileño que cobra 5.000 euros a hora pagados co narcotráfico, o poña na rúa, como está a ocorrer”.
González Formoso aludió asimismo a la red de blanqueo “que hai tamén en Ferrolterra e que haberá que destapar”. “O PSOE goberna no Estado e ten capacidade para comprometerse en erradicar esta realidade, e toda a forza política que ten o PSOE na comarca vaise pór nese labor”.
El presidente de la Diputación explicó además que el contexto y el horizonte de empleo que tiene Ferrolterra por delante debido al auge del naval en los próximos quince años, tiene que ayudar en ese objetivo. “O mundo da droga busca ese nicho de desemprego e desesperación e agora, grazas ao impulso do Goberno do Estado e do Ministerio de Defensa, vai haber traballo e temos que aproveitar este tempo para que nos desvincule do mercado da droga”.
Críticas a la Xunta y al Gobierno
El presidente provincial destacó durante su intervención en las Conversas no Parador la apuesta del organismo por los concellos, “e non só polos máis pequenos, senón por todos”. Se refirió, en el caso de la ciudad naval, a las aceras de Serantes y A Cabana –en tres fases, la última en ejecución–, la futura intervención en la carretera de San Xurxo y también en el local social de la AVV de Covas. La recuperación de las baterías de costa –que se adjudicará en breve– o de la plaza de Ferrándiz, en Esteiro, son otras actuaciones con “selo provincial” que resaltó González Formoso. “Esta é unha institución pegada á realidade e con interlocución directa coa cidadanía”, dijo. Así, contrapuso la cuantía que la Diputación destinará a los 93 Concellos de la provincia a través de Plan de Financiamento –138 millones, más de la mitad del presupuesto anual– con el Fondo Galego de Cooperación Local, el instrumento de la Xunta, “que destina 118 para os 313 concellos das catro provincias”. “Parécenos”, aseguró, “unha irresponsabilidade darlle as costas aos Concellos, pero non me refiro aos alcaldes ou ás alcaldesas, senón á cidadanía: esta cantidade tan cativa –que debería alcanzar, cando menos, os 200 millóns– supón darlle as costas ás persoas que viven neses municipios: aos pais e ás nais, aos cativos e ás cativas, aos traballaores e traballadoras, ás persoas maiores...”.
“O que nós lle pedimos á Xunta”, subrayó, “é que nun orzamento que ten de 14.000 millóns destine, cando menos, 200 ao financiamento local. Non estamos pedindo o imposible”, apuntó González Formoso, que se refirió también a las “diferenzas” con las que la Xunta trata a los municipios.
“É certo que a eses 118 millóns do Fondo Galego poderán engadirse outros 55 que se vincularían a unha nova lei da que non sabemos nada e que, en todo caso, se concederían dixitalmente, e con dixitalmente refírome a dedo”, una práctica que, sostiene el presidente de la Diputación, podrá profundizar en la desigualdad.
“O caso de Ribeira é descarado: cando había o tripartito non había diñeiro para a residencia; dous días despois, co PP no goberno, xa o había”, dijo, pero no quiso irse muy lejos. “O que non se pode facer é penalizar os concellos que non goberna o PP porque a xente ten os mesmos dereitos viva onde viva. Por exemplo, como se pode explicar que se destinen 7,5 millóns a Ferrol e cero euros ao concello de Narón?”.
El presidente de la Diputación habló también sobre las carencias de la comarca en comunicaciones. Tras agradecer el trabajo del Foro Cidadán, que en los últimos meses abandera la reivindicación de mejoras para el servicio ferroviario, González Formoso aseguró que “os dous gobernos, tanto o central como o autonómico, teñen responsabilidades”. Así, señaló que “hai moito por facer e hai que facelo xa” y afirmó que “non podemos aceptar ser de Terceira e o Goberno está a incumprir cos veciños de Ferrolterra en materia ferroviaria, que asisten a un abandono total”.
No solo al tren se refirió el presidente provincial. “No transporte de viaxeiros por estrada estamos peor que nunca. Temos o caso da estación, que está obsoleta e moitas veces coas portas pechadas, e unhas deficiencias tremendas no servizo de Ferrol-A Coruña, con xente que queda na parada ou mesmo que viaxa de pé”.











