Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arquivos

Cinco anos de catalogación en Exponav ofrecen preto de 20.000 imaxes e documentos ao público

Os fondos proceden da empresa de enxeñaría Tecnor

Ainhoa Leal e Saray Díaz ocupáronse desta catalogación no arquivo
Ainhoa Leal e Saray Díaz ocupáronse desta catalogación no arquivo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A catalogación dos fondos da empresa de enxeñaría Tecnor vén de concluírse no arquivo da Fundación Exponav, que contou, por quinta vez para destinar á mesma actividade, con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Universidades. Un ano máis, supervisada pola responsable do departamento, Ainhoa Leal Díaz, nestas tarefas traballou Saray Díaz Canosa, que valora que “se suele estudiar la construcción naval actual, pero la parte histórica es muy importante porque nos da una visión de los avances conseguidos y también de qué se puede esperar de cara al futuro”. 

O xestor documental AtoM, na web archivoexponav.org, xa pon a disposición de toda persoa interesada as tipoloxías de buques de servizo deseñados por Tecnor e os últimos cargueiros de Ro-Ro que estaban pendentes e que, sumados ao elemento máis novidoso desta derradeira fase, os artefactos flotantes, suman 2.157 rexistros con 194 imaxes.

Sumando estas novas cifras aos pesqueiros e buques de pasaxe e de tipo especial xa catalogados, a acción pon a disposición de xeito gratuíto un total de 17.897 documentos e 1.266 imaxes, aos que non só se pode acceder por internet senón que tamén se poden consultar en formato físico no arquivo, coa posibilidade de realizar copias sempre que se formalice a solicitude axeitada.

A empresa especializouse arredor da década de 1980 neses aparellos flotantes que destacan nesta derradeira etapa dos traballos, correspondentes a diques e flotadores, que foron catalogados xunto a remolcadores, lanchas de prácticos, alxibes, unidades offshore e buques de abastecemento.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620