Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O alumnado ferrolán de Secundaria e Bacharelato ten por diante unha nova cita co Club de Debate Alingua 2026

A inscripción pode xa formalizarse ata o día 27 de novembro

Imaxe dunha edición anterior do Club de Debate
AEC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Club de Debate Alingua 2026 comeza os preparativos para unha nova andaina pensando en como activar o intercambio de opinións e a importancia do espírito crítico entre a mocidade a través dunha iniciativa máis que consolidada co estudantado de secundaria e Bacharelato dos centros educativos da zona para competir con outros galegos, a través das palabras.

Deste xeito, vense de abrir o prazo de inscrición dos equipos no Servizo de Normalización Lingüística de cada un dos 15 concellos organizadores, entre eles o de Ferrol, prazo que se manterá aberto ata o 27 de novembro.

O Concello de Ferrol informou onte de que participa xunto cos de Narón e Pontedeume como os tres municipios da comarca, aos que se suman en toda Galicia Pontevedra, Ames, Carballo, Dodro, Rois, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Betanzos, Ribeira, Santa Comba, Teo e Vilagarcía de Arousa.

Todos eles participarán de novo nesta iniciativa que ten como obxectivo “dinamizar o uso da lingua galega na mocidade, en contextos formais e informais”, tal e como se recolle nas bases do certame.

A iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria e 1º de Bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos centros de ensino dos concellos participantes.

Como noutras convocatorias previas, os equipos estarán formados por grupos de entre catro e 10 membros e contan cunha persoa docente que se encarga de adestrar, asesorar e da representación.

Formación

Antes da competición, e como xa sucedeu en edicións anteriores, todos os equipos de cada zona asistirán conxuntamente a sesións formativas para familiarizarse co desenvolvemento dos debates e recibir asesoramento sobre técnicas de comunicación oral e argumentación.

O Club de Debate Alingua promove a creación de espazos de socialización e convivencia para activar a lingua a través do conxunto de actividades propostas: as xornadas de formación e as intensas sesións de debate inclúen tempo para o lecer con actividades de convivencia entre o alumnado participante.

Os equipos gañadores das fases de zona e da final obteñen premios cos que acceden a contidos culturais ou a experiencias de convivencia e animación lingüística.

Na edición do pasado ano coronouse como gañador un equipo do IES Terra de Xallas (Santa Comba), que recibiu unha viaxe multiaventura dunha fin de semana, con contidos culturais que estaban relacionados cos obxectivos da actividade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620