Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Conferencia

Nova Xuntanza Naturalista da SGHN en Ferrol, con foco na ecoloxía de vertebrados

O Museo de Historia Natural dará a benvida o venres ao doutor en bioloxía Alejandro Martínez Abraín

O pasado mes de outubro, tamén se convidou ás Xuntanzas Naturalistas a Betula, a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico
O pasado mes de outubro tamén se convidou ás Xuntanzas Naturalistas a Betula, a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico
Emilio Cortizas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O ciclo de Xuntanzas Naturalistas que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural –SGHN–, coa financiación da Deputación da Coruña, celebrará a seguinte sesión o venres 7 ás 19.30 horas. Desta volta, o protagonista será Alejandro Martínez Abraín, doutor en Bioloxía e profesor na Universidade da Coruña, que se ocupará de impartir a conferencia titulada “Dez anos de contribucións ao coñecemento da ecoloxía de vertebrados de Galicia”.

Coincidindo neste mes no que a SGHN vén de ser declarada oficialmente de utilidade pública polo Ministerio del Interior, coas vantaxes que traerá consigo para os socios, o Museo de Historia Natural de Ferrol acollerá unha nova edición desta iniciativa divulgativa, despois de que o último encontro xirara arredor da “Restauración e conservación comunitaria: o exemplo de Froxán”.

Relator

Alejandro Martínez Abraín ten unha ampla traxectoria de nivel internacional no eido da investigación, desenvolvida sobre temáticas que van dende a que foi centro da súa tese de doutoramento, a ecoloxía de poboacións de aves mariñas, até a dinámica de pequenos vertebrados.

Nestes últimos focalizarase na xuntanza co profesor universitario, cuxas liñas de investigación céntranse nun tema de enorme repercusión como son as consecuencias ecolóxicas do despoboamento rural a escala global, atendendo ao estudo dos cambios na distribución e comportamento da fauna.

Tal como se intúe no título, a conferencia que ofrecerá Martínez Abraín resumirá os traballos de investigación realizados con vertebrados galegos durante a última década. Así pois, as persoas asistentes achegaranse, de primeira man, á ecoloxía e conservación de diferentes especies de aves mariñas, lontras, lobos, toupas de río e de anfibios, entre outros exemplos a tratar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica