Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Reflexión musical

O Jazz de Ría, referente no xénero coa súa inclusión na xornada do Consello da Cultura Galega

A directora do festival e música ferrolá Aitana Cuétara participa nunha mesa redonda en Compostela

Trilitrate no Jazz de Ría deste ano, na ribeira de San Nicolás (Neda)
Trilitrate no Jazz de Ría deste ano, na ribeira de San Nicolás (Neda)
Juan Rey-Cabarcos
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consello da Cultura Galega celebra este jueves 6 unha xornada dedicada ao xénero que reivindica e promove o Jazz de Ría, o festival que se celebra no verán por distintos concellos de Ferrolterra. No programa dedícaselle un espazo propio e conta coa participación da manager e directora do evento, amais de música, Aitana Cuétara

“Sobrevivir no jazz en Galicia: entre a paixón e a profesión” é o título da proposta que se desenvolverá esta tarde en Santiago de Compostela, na que se reflexionará sobre o panorama actual focalizando nos desafíos que se relacionan coa memoria, a formación e a vida profesional. Do mesmo xeito, atenderase ás oportunidades que existen para os músicos e outros profesionais do sector, as barreiras ás que se enfrontan e as accións que serían necesarias para a construción dun “ecosistema máis sustentable”.

Será na segunda mesa redonda, “Vida profesional”, cando intervirá a música local para presentar a experiencia concreta do Jazz de Ría, póndoa en común coa doutro festival, o CanJazz (Cangas), e coa asociación Eixo do Jazz.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620