Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Primeira edición

O futuro da mocidade ilumínase no Auditorio de Ferrol coa primeira Feira de Formación e Educación

Este xoves acudiron arredor de 1.300 alumnos e alumnas dunha vintena de centros da comarca

Feira de formación e educación
O alumnado e público xeral achegouse a preto de 20 entidades
Emilio Cortizas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A primeira edición da Feira de Formación e Educación de Ferrol celebrouse este mesmo xoves no Auditorio municipal, en Caranza, co obxectivo de dar a coñecer ás mozas e mozos da comarca as distintas opcións que teñen para o seu futuro académico. Na quenda da mañá recibiuse ao alumnado dun total de 18 centros educativos, que sumaron arredor de 1.300 estudantes, e pola tarde as portas abríronse ao público xeral.

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO, de 1º e 2º de Bacharelato e de Formación Profesional que se desprazaron onte á feira cursan os seus estudos en Ferrol, Narón, As Pontes, Neda, Cedeira e Ortigueira.

Todos puideron achegarse aos 19 postos, entre os que estiveron representadas as tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVigo), a UNED Ferrol, a Universidad Interncontinental de la Empresa e o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia –Cesuga–.

Do ámbito estatal foron as universidades Europea, de Navarra, Nebrija e o Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital –U-Tad–, e tamén o Centro Superior de Hostelería de Galicia, a Escola Superior Marcelo Macías, Atlantic Air Academy e Air Hostess Coruña. Así mesmo, tamén participaron corpos alleos ao eido educativo como son a Policía Local de Ferrol, a Policía Nacional, a Garda Civil, as Forzas Armadas e o parque de bombeiros da cidade.

O alcalde, José Manuel Rey Varela, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitaron pola mañá a primeira edición da feira. Esta última destacou a “gran oportunidade” que estrea este ano o alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos de FP da comarca, ao coñecer toda a oferta académica da UDC, a través do Servizo de Estudantes, e máis concretamente do Campus Industrial de Ferrol.

“Nun mundo en constante evolución, onde o mercado laboral transfórmase a pasos axigantados, o desenvolvemento de iniciativas como esta é fundamental”, valorou Rey Varela, dando conta do traballo conxunto entre institución académica e o goberno municipal.

Exposición

Parte do auditorio tamén se aproveitou para expor os dous vehículos eléctricos cos que compite o alumnado da EPEF nas carreiras Greenpower, tanto a nivel galego como estatal, concretando así algúns detalles máis das titulacións da escola. Un dos coches elaborouse a partir dun kit de base e o segundo foi deseñado e construído íntegramente.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620