Exposicións
Unha única sinatura para a arte en madeira e ferro en Ferrol e a fotografía en San Sadurniño
Este é un momento idóneo para achegarse á obra de Xosé Debasa, que expón as súas facetas en distintos puntos da comarca

Unhas das pezas elaboradas por Xosé Debasa, neste caso dunhas Meninas
Cedida
O artista especializado en diversas disciplinas Xosé Debasa expón dende este luns, e até o 29 de decembro, na sala 2 do terceiro andar do Ateneo Ferrolán, as esculturas incluídas en “Arte en madeira e ferro”.
Ademais, até o domingo 30 deste mes exhíbese a súa faceta fotográfica en “Cuando el color desaparece, la verdad se revela”, con imaxes en branco e negro, na sala DZine de San Sadurniño.




















