Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Libro ilustrado

Os aforismos e versos de Paulo Hortak preséntanse en Canido

O ilustrador Óscar Sánchez complementa as potentes mensaxes sociais recollidas en "Fogo fixo e voador"

Exemplares de "Fogo fixo e voador"
Exemplares de "Fogo fixo e voador"
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Paulo Hortak, que é o heterónimo de Gaspar Domínguez, vén de publicar coa editorial Saurobuks “Fogo fixo e voador”, unha recompilación de versos e aforismos que trata de reverter a tendencia social individualista para loitar “contra a dominación en todas as súas formas, xa veña esta de arriba ou dos lados”. Este libro preséntase o venres 7, ás 20.00 horas, no centro cívico de Canido.

O autor deuse a coñecer a través da plataforma de poesía Andar 21, que publicaba obras deste eido durante os 11 anos que sobreviviu en activo, do 2001 ao 2012.

Nesta obra, Hortak fala tanto do poder como de calquera ser humano, coas súas particularidades, os seus traumas e os seus soños. Só por medio das palabras precisas, reivindica conceptos como a fraternidade, o amor e a verdade, posicionándose contra toda hipocrisía.

Ilustracións

Os “debuxos automáticos” de Óscar Sánchez (@eukeseiii) que se inclúen neste exemplar converten “Fogo fixo e voador” nunha proposta aínda máis, se fora posible, reivindicativa. A súa arte caracterízase por non encaixar en ningunha denominación concreta, cun estilo que non segue tendencias e consegue unha forza visual que complementa á perfección as letras de Hortak.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620