O Ballet de Kiev en Ferrol, agora con entradas benéficas para Ucrania
"La bella durmiente" é a obra que presentará a agrupación este venres

A música de Piotr Tchaikovsky volverá resoar no Auditorio de Ferrol este venres 17, ás 20.30 horas, novamente enriquecida coa danza internacionalmente recoñecida do Ballet de Kiev. Desta volta virá coa obra “La bella durmiente”, cun libreto de Charles Perrault resultado dunha versión do texto orixinal dos irmáns Grimm.
O ballet que presentará a agrupación ucraína estrutúrase en catro actos, ademais do prólogo, e utiliza a coreografía de Marius Petipa.
Baixo o lema de “Bailando desde el corazón”, a entidade donará a Unicef un euro por cada entrada vendida, que se destinará a apoiar o traballo desta axencia da ONU sobre a emerxencia en Ucrania.
O Ballet de Kiev segue os mesmos obxectivos principales cos que se fundou no 2017 a raíz do soño do bailarín solista do Teatro da Ópera da localidade Viktor Ishchuk.
Dende o inicio, a compañía céntrase na preservación da tradición do ballet máis puro, polo que as representacións adoitan caracterizarse por coreografías sobrias, perfección nas liñas, virtuosismo e grandeza en canto aos decorados e aos vestiarios, sempre deseñados expresamente para o equipo polos talleres máis prestixiosos da cidade.