Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Música e danza

O folk galego mistúrase co italiano nun encontro con Taranteira en Artábria

Nesta tarde de sábado ofrecerase un obradoiro de danzas medievais e concerto, con billeteira inversa

Taranteira fusiona folk galego e italiano
Taranteira fusiona folk galego e italiano
Cedida

A asociación cultural Artábria, no barrio de Esteiro, propón encontrarse esta tarde de sábado 11, a partir das 19.00 horas no centro social, para participar, en primeiro lugar, nun obradoiro de danzas medievais.

Despois de aprender o baile, ofrecerase unha oportunidade ideal de poñelo en práctica co concerto, previsto para as 20.30, de Taranteira (que fusiona a música folk galega coa italiana). Esta actividade organízase con billeteira inversa, de maneira que cada quen achega a cantidade que estima oportuna.