Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Actividades

Os cursos en Artábria, con profesores de alto nivel, teñen as listas abertas

Ofértanse aulas de distintas especialidades musicais e Teatro Comunitario con Helga Méndez

Unha actuación teatral en Artábria
Unha actuación teatral en Artábria
Emilio Cortizas

A comezos deste mes a asociación cultural Artábria anunciou os cursos que terán lugar no centro social até xuño de 2026, xa co cupo completo para as aulas avanzadas de canto e pandeireta, así como de baile tradicional, a cargo de Xurxo Fernandes. Durante todo outubro estará aberto o prazo de inscrición no 614 205 672 ou correiodeartabria@gmail.com

Estas disciplinas completan o abano musical cos ensaios do Coro do Beco, guiados por Samuel Modino, e co curso de percusión tradicional a cargo de Ramón Dopico (Aliboria, Berros de Castro e Raparigos), os martes. Os mércores, Uxía Muinho impartirá clases de iniciación ao canto e á pandeireta e os vernes, Artes Miúdas.

Ademais, Helga Méndez propón probar de balde o Teatro Comunitario do que se encargará os xoves. Máis información en redes sociais ou no propio centro social.