Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Consello da Lingua anuncia todas as datas do programa infantil Apego

As previsións inclúen, entre outros, un curso de galego para maiores de 16 anos

A xuntanza tivo lugar este martes na Casa do Concello
A xuntanza tivo lugar este martes na Casa do Concello
| Cedida

A Casa do Concello acolleu onte o primeiro Consello da Lingua do curso, no que se anunciaron todas as datas da edición deste ano do ciclo Apego e, como novidade, tamén está previsto realizar un curso de introdución ao galego para maiores de 16 anos que se achegan ao idioma.

A concelleira de Normalización Lingüística, Patricia Cons, presidiu a xuntanza e avanzou as actividades que se desenvolverán no último trimestre deste ano 2025. Entre estas destaca a nova edición do ciclo Apego, que comezará o vindeiro martes 7, no Centro Cultural Torrente Ballester, ás 18.30 horas. Nesta función inaugural representarase “Barquiño de pau”, da Tropa de Trapo.

As seguintes serán “Contos a centos”, “A Avoa Mariña”, “Contos con unto e ósos de defuntos”, os días 14, 21 e 28, respectivamente. Apego seguirá en novembro os días 4, 11 e 18 con “Castelao, un corazón á intemperie”, “Alfabeto Castelao” e “Ledicia”, ata o 2 de decembro con “Unha tradición diferente”.

Youtubeiras+

Estas dúas actividades complementaranse coa gala Youtubeiras+ que, despois de terse celebrado o ano pasado no municipio naronés, este ano será a quenda de Ferrol, que acollerá o encontro o 7 de febreiro no teatro Jofre.