Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A USC presenta a nova cátedra Carvalho Calero no seu Paraninfo con representación ferrolá

Neste encontro celebrouse a volta do premio de investigación e creación literaria na honra do autor local

Ponte Far Carvalho Calero USC
 O concelleiro de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte Far, cun carballo no acto de inauguración deste martes | CEDIDA

A Universidade de Santiago de Compostela organizou este mesmo martes, no Paraninfo que acolle a Facultade de Xeografía e Historia, o acto de presentación da nova cátedra Carvalho Calero. Ao encontro asistiu, entre outros representantes institucionais, o concelleiro de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte Far, polo vínculo que une ao profesor e escritor homenaxeado co nomeamento.

O acto foi presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, que estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e o director da cátedra, Carlos Quiroga. Ademais, destacou o discurso do profesor Martinho Santalha sobre a figura de Carvalho, que presenciou, entre outros membros do público, a propia filla do homenaxeado, María Victoria Carballo-Calero Ramos.

Dende a mesa, os catro intervenientes manifestaron o seu agradecemento pola presenza dun representante de Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero e cuxo Concello nomeou Fillo Predilecto. Do mesmo xeito, no encontro valorouse a decisión do goberno local de recuperar o premio de Investigación Lingüística e Creación Literaria na súa memoria, ao que mesmo animou a participar Carlos Quiroga.