Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Festival folk

Os do Fondo da Barra pechan o cartel do Castelo Folk ao pé da fortaleza de Andrade

Nesta oitava edición non faltarán os xogos tradicionais, obradoiros para pequenos, taller de baile e exposición de artesanías

Xantar en proceso nunha das anteriores edicións do Castelo Folk
Xantar en proceso nunha das anteriores edicións do Castelo Folk
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este sábado 6 celébrase a oitava edición do Castelo Folk, o festival que organiza a ACRM Xente de Aquí e de Acolá, de Nogueirosa, na súa parroquia, concretamente nun escenario de enorme interese patrimonial como é a zona da fortaleza de Andrade, no concello de Pontedeume. O evento comezará neste singular escenario ás 11.00 horas e non rematará até o fin da derradeira actuación, a partir das 22.00, a cargo de Os do Fondo da Barra, unha agrupación de cantareiros nacida no seo da histórica asociación Xacarandaina, que presentou o seu primeiro disco, ‘BâNZô’ (2024), no teatro Colón.

Ás 11.30 horas xa estará aberta a exposición de artesanía, do que avisarán os Gaiteiros Vilanchos facendo un percorrido pola vila a mediodía, animando á veciñanza a achegarse ao campo da festa. A partir das 12.30 haberá alboradas e sesión vermú do Grupo Folclórico Virxe da Cela, amais do xantar e xogos tradicionais, que continuarán tamén ás 16.30 cos obradoiros creativos para nenos e nenas.

Unha foliada aberta e taller de baile darán continuidade á xornada (dende as 17.00), antes de continuar a música de Virxe da Cela (19.00), Encrucillada (20.30) e Os do Fondo da Barra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620