Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Programación

Quince grupos transforman a vila de Pontedeume nos oitavos Cantos de Taberna

Música, obradoiro de baile, concurso de agarrados ou o mercado artesán e de alimentación son parte das propostas que comezan este venres 29

Ambiente nunha das edicións pasadas dos Cantos de Taberna de Pontedeume
Ambiente nunha das edicións pasadas dos Cantos de Taberna de Pontedeume
Emilio Cortizas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A oitava edición dos Cantos de Taberna, que organiza a asociación cultural Airiños do Eume en colaboración co Concello de Pontedeume, transformará un ano máis a vila a base, principalmente, de música tradicional polas prazas e locais de hostalaría. O pasarrúas das escolas dos anfitrións, acompañadas polo grupo Vai Rañala Meu!, inaugurará este venres 29 as actividades, que tamén incluirán un obradoiro de baile a cargo de Ismael García na alameda de Raxoi.

Este sábado 30 acadarase a xornada principal, na que serán protagonistas un total de 15 agrupacións procedentes de distintos puntos de Galicia, que se dividirán en dous pases, de 12.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 22.00.

Unha das novidades desta convocatoria é a apertura ao público xeral do xantar comunitario, que comezará despois da primeira quenda dos Cantos de Taberna, e consistirá nunha churrascada e hamburguesas da foodtruck Autga, especializada en carnes de razas autóctonas galegas.

A xornada do sábado, que tamén incluirá un mercado de artesanía e alimentación, rematará, a partir das 22.00, co concerto de Fiandola e o tradicional concurso de baile agarrado.

Protagonistas

Os 15 grupos participantes deste ano son No Cómbaro (As Pontes), Aquí e alá (Outes), Silbarda (A Capela), Son de Cantos (Fene), Ledicia (Burela), Sacudebarrighas (Sada), Macizas Centrais (A Pobra de Trives), Os Netos do Escribano (Ortegal), Sinensaio (Carral), Xermolos (Guitiriz), Os Feroces da Galgueira (As Pontes), Doladodosol (Abegondo), Os do 21 (O Vicedo), Vento Mareiro (A Coruña) e Airiños do Eume (Pontedeume).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620