Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Literatura

O mosteiro de Caaveiro ambienta a presentación da segunda novela de Ferro Formoso, ‘Oblea’

Despois de 'Terror Mortis' vén esta nova entrega que dá continuidade ao universo creativo que xa se coñeceu nesa obra debut

Acceso ao mosteiro de Caaveiro, onde se desenvolverá a presentación deste sábado a mediodía
Acceso ao mosteiro de Caaveiro, onde se desenvolverá a presentación deste sábado a mediodía
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Despois de ‘Terror Mortis’, o universo creativo que ideou o escritor pontés X. M. Ferro Formoso ten continuidade nunha segunda novela que acaba de ver a luz, ‘Oblea’. A presentación desta obra, que está ambientada en distintos puntos da comarca, terá lugar precisamente nun destes escenarios, o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, na Capela, este domingo 12, ás 12.00 horas.

Nesta nova entrega, o do­u­tor Alfonso Neira Lafontaine e o subtenente Piñeiro volven enfrontarse a unha serie de crimes que os levarán dende Ferrol e A Coruña até o mosteiro de Monfero, Pontedeume, Redes e a colexiata de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

No devandito templo de Monfero comeza a historia coa aparición do cadáver dun monxe con indicios de que detrás desta e outras mortes existe un plan trazado con premeditación.

Botánica, relixión, lendas e violencia entretécense nesta novela de misterio na que se contrapón a lóxica racional do doutor Lafontaine co imaxinario popular galego.

O autor publicou esta obra e a anterior, que forman parte dunha saga, cunha edición independente.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620