Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Portada

O IES Concepción Arenal súmase ao proxecto “Aquí tamén se fala” cun manifesto ferrolán

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A lectura pública do manifesto elaborado para reivindicar a longa tradición galeguista da cidade de Ferrol ten lugar hoxe ás 12.10 horas no IES Concepción Arenal de Ferrol, xa que este centro acaba de sumarse á iniciativa “Aquí tamén se fala”.

Máis de trinta grupos de alumnos e alumnas participan de xeito voluntario no proxecto de dinamización lingüística repartindo durante estes días os carteis da proposta polos comercios da cidade.

O obxectivo principal da iniciativa é visibilizar a presenza da lingua galega no ámbito urbano e comunicar que en Ferrol tamén se usa o idioma.

“Aquí tamén se fala” é un proxecto que naceu no ano 2010 no IES Rafael Dieste da Coruña, que anima á implicación do alumnado para concienciar ao conxunto da sociedade sobre o uso do galego. A proposta presenta un carácter sinxelo, ben planificado e salienta no uso das redes sociais. Xa se espallou por 200 centros de todo o país, o que indica que é un modelo perfectamente replicable.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620