Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mais a tranquilidade tamén estaba afectada polas negociacións que os veciños tentábamos co Concello. Nesas negociacións, intervín persoalmente en cinco Plenos Municipais, expoñendo os agravios que estábamos a sufrir e reclamando unha solución definitiva. Froito desas intervencións conseguimos, por unanimidade, en tres daqueles Plenos, a  creación, dunha comisión para estudar o tema. Malia que a terceira nunca se chegou a constituír, nas outras dúas se debateu o problema.  Non houbo avances na primeira das Comisións, pois a Negra Sombra disolveuna de xeito caciquil e unilateral despois de dúas improdutivas reunións; mais na segunda ocasión, estivemos a punto de acadar a solución pola que tanto loitamos, pois despois de varias reunións chegamos ao acordo de encargar a unha empresa neutral a valoración das vivendas para a venda aos veciños legais que o pedisen. Por fin parecía chegar a solución ansiada.pero...  Houbo novas eleccións e cambio de goberno no Concello e, a sombra negra, sempre axexando, desbaratou o acordado, pagou o traballo da empresa e arruinou, quizás  para sempre,  as nosas ilusións.