Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Pero todo era unha falsa ilusión. Ao pouco tempo, xogando na rúa diante da porta da casa, caín contra o borde da beirarrúa e partín o brazo dereito que quedou torto para sempre, aínda que sen maiores consecuencias. Aquilo foi o aviso de que a sombra negra estaba aí, e que non nos deixaría xa nunca, pois tres anos despois, morreu meu pai, con só 58 anos. Esta vivenda, resultou ser o instrumento utilizado pola “Negra sombra” para nos controlar a vida de xeito implacable, xa que o meu escaso soldo de aprendiz da Bazán e o que miña nai gañaba de lavandeira, case non daba para pagar as 140 pesetas de alugueiro, a luz e a auga. Por se fose pouco, o Concello decidiu construír un grande edificio (A Casa Solidaria) xusto diante de nosa casa, quitándonos a luz e o sol. E desde entón, a sombra negra xa non puido “amosársenos no mesmo sol”, porque agora xa ni o sol vemos.  Xa casado e con un fillo, tentei por dúas veces fuxir da nefasta influencia da miña persoal negra sombra. A primeira foi cando houbo unha escaseza de traballo na Bazán, que facía máis difícil vivir co meu escaso salario base, sen complementos.