Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O  noso estilo de vida está colapsando. Estamos a vivir desde fai un tempo tres crises sistémicas, as cales, retro-alimentanse. Unha crise económica que cada vez aparece en períodos de tempo máis cortos, con maior intensidade, máis duradeiras e a recuperación é cada vez menor e máis dificultosa. A segunda crise é a social: Cada vez as diferencias entre o pobo traballador e as clases adiñeiradas son maiores, cada ano vai a máis, a xente que traballa e non lle chega o salario para chegar con dignidade a fin de mes, os traballos que se nos ofrecen son máis e máis precarios, con salarios exiguos e xornadas interminábeis, ano tras ano crece o numero de persoas que non poden facer tres comidas ao día, ou o que é peor, dárselas as súas crianzas. E a terceira crise é a ambiental (recursos esgotados, caos climático, contaminación masiva etcétera). E todo isto ten unha raíz común que é o sistema económico dominante; o capitalismo. Porque para quen está a escribir este artigo, o capitalismo é igual que un coche de alta gama, que chega pola tua rúa, aparca e del baixase un tipo en chandal repleto de colares de oro. É dicir igual que un vulgar proxeneta espreme as súas vítimas, o capitalismo espreme a clase traballadora, sacándonos máis e máis sangue, día tras día.

Por sorte o capitalismo queiran ou non queiran, ten as horas contadas, coa incerteza de cal e como vai ser o sistema seguinte. E é posíbel que coa transición haxa disturbios, máis estes serán minoritarios, xa que, desde fai anos o pobo foi domesticado polo poder. Con certeza que a transición que vivamos vai ser moi dolorosa. E por iso é fulcral que na Galiza como en Ferrol, teñamos claro quen pode dar eses cambios imprescindíbeis, de xeito que saia o proletariado e o medio ambiente beneficiado. E hoxe por hoxe na Galiza, quen esta a fazer políticas diferentes desde fai tempo, é o BNG. So hai que mirar Pontevedra- Allariz- Carballo- San Sadurniño- Moeche etcétera e como non, o proxecto do BNG de Ferrol, liderado por Ivan Rivas. Un proxecto que ante as tres crises que citabamos, atinxe os cambios necesarios e obrigados para combater estas, dentro das posibilidades que ten o concello, como por exemplo: No tema medioambiental, coas zonas verdes e os corredores verdes, no tema social co proxecto de  disposición da vivenda publica que hai na cidade, ou no tema económico obrigando aos poderes opacos desta cidade, a pagar tributos e a devolver propiedades, coa finalidade de por estes recursos ao servizo dos dereitos sociais.

Xa remato, é fulcral que as galegas, as ferrolás, pensemos coa cabeciña, analizamos con obxectividade e actuemos con intelixencia, a hora de elixir este ano electoral que empezou o dia 1 de xaneiro, aos próximos dirixentes das nosas sociedades. Feliz e ventureiro 2023.