Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Todas as RRSS son benvidas no Youtubeiras+, que volven organizar os Concellos de Ferrol e Narón

O certame de creación de contido en galego Youtubeiras+, que organizan os servizos de normalización lingüística de dez Concellos, entre os que se atopan Ferrol e Narón, así como as tres universidades galegas, presentouse este mércores en Vigo. Neste acto déronse a coñecer as principais novidades e, chegada esta novena edición, realizouse un balance con resultados positivos.

Se o lema do ano pasado, cando a gala se celebrou no Pazo da Cultura de Narón, era “Fachenda ao cadrado”, desta volta elixiuse “Alborotando o algoritmo”. Con esta decisión, a organización quere trasladar que, aínda que os algoritmos traten de gobernar os contidos que aparecen a cadaquén nas redes sociais, a decisión sobre o que se comunica e a forma na que se fai depende en última instancia dun mesmo.

Youtubeiras+ abre o prazo de presentación, até as 23.59 horas do 16 de novembro, para os creadores de contido en galego e, nesta edición, no canto de limitarse a YouTube e TikTok, o concurso ábrese a calquera rede social e tipo de formato. Esta iniciativa repartirá 7.500 euros en galardóns, en total, entre as sete categorías: Canle, Creación de Contidos, Revelación, Calidade Lingüística, Rede, Podcast e Premio do Público. Cada un está dotado con 1.000 euros, agás as dúas primeiras seccións, con 1250.

Evolución

Os datos de participación recollidos da última edición, en comparación á anterior e ás primeiras convocatorias, confirman unha tendencia ascendente. O ano pasado, no que só se admitían proxectos en dúas redes sociais concretas, presentáronse 89 canles, que superan con creces as 68 do 2023. A primeira edición centrábase nos vídeos e nela concorreron, no 2017, un total de 202, fronte os 536 do 2020, coincidindo cos confinamentos.