Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Sanidade e Universidade únense para a optimización da Realidade Aumentada na ciruxía

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620 X 50 LICEO LAPAZ

O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e o Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais colaboran para o desenvolvemento da Realidade Aumentada a través de gafas virtuais no ámbito da ciruxía.

Neste eido en concreto, onde os tempos son críticos e a marxe de erro é mínima, búscase unha optimización dos métodos de interacción e unha interface rápida, intuitiva, precisa e ergonómica. Seguindo este fin, especialistas voluntarios da Área Profesional de Ferrol realizaron nunha sesión experimental probas para perfeccionar a aplicación desta tecnoloxía a través de cinco interfaces: a mirada e o xesto, só a mirada, só o xesto, a inclinación da cabeza ou control de voz.

Dende a UDC explican como “a Realidade Aumentada ten o potencial de revolucionar a ciruxía moderna, pero o seu éxito dependerá en gran parte de deseñar interfaces que se integren de forma natural e eficiente na práctica cirúrxica.” e subliña a importancia da colaboración coa Área Profesional de Ferrol engadindo que “as probas experimentais asociadas teñen como obxectivo recoller información valiosa”.

Esta investigación forma parte do traballo de Ánxela Pérez Costa, doctoranda no Campus Industrial de Ferrol, que baixo a dirección do investigador no Laboratorio de Enxeñería Mecánica, Florian Michaud, focalízase na experiencia de interacción dos profesionais coa realidade aumentada a través do uso de lentes intelixentes no ámbito cirúrxico.

A Realidade Aumentada —que consiste na combinación do mundo real con elementos virtuais en tempo real—intégrase cada vez máis na ciruxía debido á súa capacidade para aumentar a precisión en procedementos como a artroplastia total de xeonllo, ciruxía de columna, neurociruxía ou ciruxía hepática..

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620