Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Marola!, o novo festival que se celebrará nos Xardíns de Herrera

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A oferta cultural deste verán continúa a súa diversificación cunha nova proposta de concertos, de carácter gratuíto, que se celebrarán os días 27 e 28, a partir da 13.30 horas. Baixo o nome evocador de Marola!, a música volverá aos Xardíns de Herrera, desta vez por medio dos proxectos actuais de TT Syndicate e Faneka.

O acto de presentación tivo lugar onte na casa consistorial, inaugurado polo concelleiro de Festas e Marca Ferrol, Arán López, que avanzou o horario diúrno desta proposta que, tal e como indicou o alcalde, José Manuel Rey, é froito da colaboración. Así pois, o responsable de Edicións Embora, Miguel Toval, apuntou que “Marola é un festival pensado para espazos pequenos” e a localizacion escollida non é casual, xa que o obxectivo foi incluír “unha actividade inhabitual” nun sitio público histórico de gran interese patrimonial.

“Alí habitualmente, hai uns anos, xa se programaba música”, indicou Tovar, sobre as bandas da Armada que adoitaban tocar neste espazo, unha proposta que se trata de recuperar, nesta ocasión desde outros estilos distintos. O vindeiro sábado 27 subirá ao escenario TT Syndicate, unha banda que mestura soul, rock&roll e rhythm&blues, “cun son único que nos transporta a épocas douradas da música”, segundo valorou a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros.

Esta foi a encargada de anunciar o programa de Marola!, que se completa co folk progresivo propio de Faneka, un grupo que volve á cidade para ofrecer “unha viaxe musical chea de emocións e matices”, continuou a responsable autonómica.

O festival Marola! consitúe “unha oportunidade para gozar de boa música e tamén de celebrar o noso patrimonio”, engadiu Aneiros, que lembrou que esta é unha das propostas libres e gratuítas que pon a disposición do público o goberno galego, a través de Turismo de Galicia. Así mesmo, Aneiros salientou  a perfecta combinación que presenta este encontro musical coas citas que pon a disposición a Armada para coñecer parte das súas instalacións.

Visitas guiadas

A colaboración que orixina este evento maniféstase tamén nas dúas visitas guiadas que ofrece a Armada ao pazo de Capitanía, como complemento ao encontro musical, posto que están organizadas para os momentos previos ao comezo dos concertos. Estas citas desenvolveranse nos días 27 e 28, entre as 12.00 e a 13.15 horas, e terán capacidade para 20 persoas, que deberán retirar os seus pases gratuítos na plataforma Ataquilla.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620