Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Malay Sobrín: “Seguiremos cada ano ata que a familia de Couso obteña xustiza”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O cámara ferrolán José Couso resultou ferido de gravidade en Irak no ataque dun tanque estadounidense ao hotel Palestina, onde se aloxaba prensa internacional, na mañá do 8 de abril de 2003. Poucas horas despois morreu como consecuencia dese proxectil. Aí empezou, recordaba onte Malay Sobrín, secretaria de organización de Esquerda Unida en Ferrol, “outra guerra, a da familia Couso na busca dunha investigación e de xustiza”.

España apoiaba a invasión de Irak liderada por Estados Unidos, e mesmo enviou tropas. O asasinato de xornalistas –no ataque tamén morreu o ucraíno Taras Protsyuk– que non estaban no medio dun combate nin foron vítimas de fogo perdido, senón dun disparo deliberado, pasou a ser un episodio incómodo ao que ningún goberno desde entón soubo responder.

Desde o primeiro momento a sociedade ferrolá apoiou a reivindicación da familia de que se investigase e perseguise aos autores deste crime de guerra. O Club de Prensa e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia estableceron un premio que leva o seu nome que se entrega nas datas do Día da Liberdade de Prensa e que este ano celebra a súa vixésima edición. Ferrol dedicoulle unha praza en Esteiro, a Praza da Paz-José Couso, que se inaugurou en 2008.

É neste último espazo onde cada ano Esquerda Unida organiza unha homenaxe cidadá na que se lembra que aínda quedan contas pendentes nun caso no que incluso se condenou ao Estado a indemnizar á familia por omisión de protección diplomática. “Estaremos ano tras ano ata que a familia de José Couso obteña a xustiza que se merece”, apuntaba Sobrín na lectura do texto que precedeu á ofrenda floral.

Desde EU esperan que “máis cedo que tarde volva a cordura ás institucións encargadas de investigar, reparar e facer xustiza para un cidadán, José Couso, asasinado por exercer a liberdade de prensa e información”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620