Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O fotoxornalista Jorge Meis expón a súa visión da Semana Santa ferrolá en Santiago

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

“A Galicia inédita. Un vistazo diferente del fotoperiodismo gallego” é o título da mostra que reúne imaxes dos fotoxornalistas máis relevantes da comunidade, que se inaugurou na mañá deste pasado luns.

En representación deste ámbito territorial participan Kiko Delgado, de EFE, e Jorge Meis, fotógrafo do Diario de Ferrol, que tiveron que seleccionar unha soa captura que represente a súa zona. Esta tarefa de selección foi a máis difícil, segundo Meis, despois de máis de 25 anos de traxectoria. Para explicar o mérito da fotografía, acompáñaa un texto do xornalista e primeiro director deste medio de comunicación, Germán Castro.

Na imaxe elexida aparece un capuchón que mostra un tatuaxe cunha caveira “que aparte de ser interesante desde el punto de vista de la simetría, mezcla lo tradicional con lo moderno”, explica Jorge Meis.

O evento, que tamén serviu  como reencontro con compañeiros, está organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo profesional de fotoxornalistas, que se atopa en proceso de formación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620