Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Fiada avanza as primeiras citas e algunhas veñen para quedarse

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O primeiro programa mensual de Fiada, a iniciativa que naceu este mes de xaneiro a raíz do proxecto Sarao Studio, vén de publicarse nas súas redes sociais. Entre os seis encontros do cartel, tres preséntanse con vocación de permanencia e todos terán lugar na súa sede, o espazo de Catabois.

As citas que inaugurarán esta proposta de mediación cultural son desas que veñen para quedarse. En primeiro lugar, “Desde el sofá” anima a compartir o talento nun ambiente seguro os últimos venres de cada mes. Hoxe mesmo, de 18.00 a 20.00 horas, comeza este encontro de micro aberto á poesía, o teatro, a música e a improvisación. Todos os martes, de 17.30 a 19.00, ofrecerase o “Laboratorio de arte”, un taller de exploración artística para o público infantil. Os xoves, de 20.00 a 21.45, será a quenda de “De lápices y pinceles”, que tratará o debuxo e a pintura dende a contemporaneidade.

O sábado 8, ás 20.00, Maquinarias Teatro ocuparase da performance “vidAs asomadAs. Mulleres no Antigo Hospital de Caridade”. O seguinte, día 15, ás 12.00, “Objetos sin contexto” constituirá un punto de encontro para conectarse. Cristina Moreno será a encargada da peza de baile interactiva “Fluir”, o sábado 22 ás 20.00 horas, mentres que o venres 28, ás 20.30, o “Círculo lunar” incitará a aprender e explorar sobre o propio nexo coa lúa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620