Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ferrol recibiu ás nenas saharauis que pasan este verán na cidade naval

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Dende este mes de xullo e ata o vindeiro setembro, tres rapazas procedentes dos campamentos saharauis de Tinduf, en Argelia, atópanse en Ferrol acollidas  por outras tantas familias locais, que forman parte do programa que cada ano pon en marcha Solidariade Galega co Pobo Saharaui –Sogaps– en toda a comunidade galega baixo o lema “Vacacións en paz”.

Este martes, parte da corporación municipal, co alcalde José Manuel Rey á fronte, recibiu ás menores, acompañadas das súas familias de verán, nun acto que ven sendo un costume cada temporada estival. No salón de recepcións foron benvidas tres nenas que están a pasar o seu verán na cidade naval, desfrutando do entorno e alonxadas das altas temperaturas que se viven nestes meses en Tinduf.

As pequenas, tal e como se lembrou dende o Concello, ademais de coñecer a cidade, someteranse a revisións médicas ás que non teñen acceso nos campamentos do norte de África nos que viven. Tamén terán a oportunidade de perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelá e galega que estudan nos seus programas escolares.

DSCF6506 14182337
As pequenas recibiron regalos do Concello | Daniel Alexandre

O rexedor municipal foi o encargado de dar a benvida a estas rapazas amosándose confiado en que “estas semanas quedarán gravadas na súa memoria como unha experiencia enriquecedora”. Así mesmo, amosou o respaldo do Concello con iniciativas coma esta, porque “Ferrol é, e seguirá sendo, unha cidade solidaria”.

DSCF6558 14205325
Un mago actuou na benvida ás rapazas | Daniel Alexandre

As rapazas, que como vén sendo habitual recibiron uns obsequios en nome do Concello e dos ferroláns, tamén puideron gozar dun espectáculo que para elas se organizou na mañá de este martes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620