Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Correlingua reuniu en Ferrol a “unha mocidade activa por unha lingua viva”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Dezasete centros educativos de Ferrol e comarca –estaban representados Narón, Fene e Neda– déronse cita no Auditorio Municipal nunha nova edición do Correlingua, no que, ademáis de disfrutar de música e actividades ao aire libre, coa caminata que se desenvolveu polo paseo marítimo de Caranza, deuse conta dun manifesto, elaborado pola propia Mocidade a través dos obradoiros “Desata a Lingua” e que foi lido pola actriz Isabel Risco, encargada de dirixir a gala, que contou, ademáis, coa proposta musical de Pauliña, unha artista que no seu momento resultou galadora doutro certame que ten á lingua como protagonista, o Cantalingua.

O manifesto, que se presentou baixo o lema “A mocidade activa por unha lingua viva” da conta por parte dos rapaces de que “somos unha mocidade comprometida e nas nosas máns están manter o galego vivo. Por iso queremos deixar claro que o galego resistirá grazas a ‘unha mocidade activa pola lingua’”.

Caminata
Caminata pola lingua

Podemos vivir en galego, resaltaron os estudantes, que insistiron en que coñecer unha lingua “sempre nos fai mellores, porque o galego acolle a quen se achega a el e porque queremos poder ser na lingua que herdamos”.

Pola súa parte, a responsable das políticas educativas do Concello de Ferrol, a edila Patricia Cons, resaltou que “ver esta participación tan activa, tanto de alumnado como de profesorado, éncheme de esperanza”.

Lembrou tamén que a proposta é moito máis cunha carreira.  “É unha celebración da nosa lingua, da nosa identidade e da forza que temos cando camiñamos xuntos e xuntas polo galego”, concluiu.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620