Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Coque Malla achega o seu último disco ás Festas do Carme das Pontes

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As Festas do Carme das Pontes, que se celebrarán no próximo mes de xullo, xa contan cun dos seus protagonistas. Trátase do músico e actor Coque Malla, que ofrecerá un concerto xunto a súa banda o día 19, ás 22.00 horas, na rúa 8 de marzo, na Canle IV.

No 2023, o artista volveu á escena coa xira na que presenta “Aunque estemos muertos”, o seu último traballo de estudo, que chega despois dun ano sen subirse aos escenarios. O grupo que acompañará a Coque Malla conforma o quinteto composto por Gabi, á batería; David Lads, aos teclados; Amable, coa guitarra e Héctor, co baixo.

A entrada a este concerto, que está previsto que ocupe máis dunha hora, é gratuíta, polo que representa unha oportunidade única para ver a esta icona do rock and roll. Coque Malla provocará que os asistentes se sintan “máis vivos que nunca”, por medio dos seus temas, como “El saco de los Sueños” ou “Místico”. Os directos desta xira combínanse con cancións emblemáticas como “No puedo vivir sin ti” ou “Adiós papá”, pasando polos grandes éxitos da súa carreira en solitario como “Me dejó marchar” ou “La señal”. Así pois, os espectadores mergullaranse nunha viaxe a través da vida do artista, cos seus altibaixos e triunfos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620