Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Concello de Ferrol pide extremar as precaucións frente ao adverso meteorolóxico desta tarde

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Ferrol fai un chamamento á cidadanía para que extreme as precaucións ante a alerta laranxa meteorolóxica prevista por Meteogalicia a partir desta tarde.

Espéranse refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora que, segundo a previsión, comezarán ás 17:00 horas e finalizarán ás 22.00 horas. Así mesmo, ata as 21.00 horas desta xornada, daranse fenómenos costeiros con ondas que de entre cinco e sete metros de altura.

De cara a manter a seguridade da cidadanía, o Concello tomou unha serie de medidas que contribuirán a este obxectivo. Así, pecharanse os parques e quedan suspendidas todas as actividades culturais, deportivas, recreativas e espectáculos públicos, dependentes da Administración local, que estivesen programadas ao aire libre. Esta medida de peche esténdese en forma de recomendación a todas aquelas instalacións municipais que, polas súas características ou localización, contemplen un risco aumentado.

O Concello tamén procedeu á activación do Plan de Emerxencias Municipal en fase de pre-alerta e establecerá un dispositivo específico preventivo dos grupos de intervención da cidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620