Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Centro de Formación e Recursos de Ferrol para o profesorado estrea director

Coincidindo coa entrada en vigor do decreto aprobado o pasado verán para actualizarse con respecto aos retos do ensino actual vén de renovarse a dirección de catro centros da Rede de Formación Permanente do Profesorado. Entre estes figura o de Ferrol, no que pasa a ocupar o cargo Miguel de Castro, que foi recibido este xoves pola Xunta.

Nesta xuntanza reuníronse os novos asesores e directores dos Centros de Formación e Recursos, que son os responsables de organizar e planificar as lecci­óns ao longo do ano, co director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez.

Este último trasladoulles que “estadedes diante dun gran reto: reforzar as competencias que os docentes precisan para dar resposta aos novos desafíos do ensino do século XXI en eidos como o modelo híbrido ou a intelixencia artificial, e estamos seguros de que daredes o mellor de vós nesta tarefa”. Ademais do director do centro ferrolán, tamén relevan cargos directivos os CFR de Lugo, Ourense e Vigo.