Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A campaña CulturON da Xunta propón máis dunha quincena de actividades por Ferrolterra

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un total de dez concellos próximos figuran entre os 200 municipios nos que a Xunta ofrece distintos plans de carácter cultural. As iniciativas comezan esta semana en Cedeira, Ferrol e Narón cun espectáculo dirixido ao público infantil, teatro e maxia.

Baixo o lema “Chega a Galicia CulturON 2024 para encher o verán de cultura”, a Xunta achega un total de 17 eventos, que no caso das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal se desenvolverán entre mañá venres e o 25 de agosto. A biblioteca pública municipal López Cortón de Cedeira acolle o primeiro encontro, “Bos días, Leo”, unha actividade do programa “Ler conta moito”. Este espectáculo infantil estará a cargo de Trémola Teatro, que ofrecerá a sesión o venres ás 11.00 horas.

O seguinte evento terá lugar no Jofre e vén da man de Teatro do Noroeste. Trátase dunha función, que será representada este sábado ás 20.00 horas, e que recolle os recordos dun neno que creceu durante o franquismo. A terceira proposta, que tamén forma parte da Rede Cultural da Deputación, está protagonizada polo Mago Antón, que actuará no parque do río Freixeiro ás 12.00, 13.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas. A programación detallada pódese consultar na dirección web cultura.gal/axenda.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620