Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Área Sanitaria modernizará técnicas usadas no servizo de análises clínicas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Área Sanitaria de Ferrol ven de adxudicar por importante de 530.158 euros (IVE incluído) a submnistración sucesiva do material e cesión dos equipos necesarios para modernizar varias técnicas no servizo de análises clínicas, concretamente as determinacións de autoinmunidade e calprotectina fecal do devandito laborarotorio.

Así se reflicte no prego que publica a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. “Este contrato supón incorporar a máis nova tecnoloxía para estas probas específicas, que substituirá e actualizará a existente, na que se realizan unhas 57.000 determinacións anuais só neste eido: 52.211 probas de autoinmunidade no pasado ano 2023; e 5.025 de calprotectina nese mesmo período”, precisan desde o CHUF.

As determinacións de autoinmunidade realizadas no sangue, como explica a facultativa especialista en Análises Clínicas, Belén Fernández Saya, “serven para valorar os diagnósticos relativos ás enfermidades autoinmunes, como, por exemplo, o lupus, a artrite reumatoide, ou a celiaquía, entre outras moitas”. Pola súa banda, as probas de calprotectina realízanse nas feces, e resultan  útiles fundamentalmente para o diagnóstico e distinción das enfermidades inflamatorias intestinais. Estas determinacións incrementáronse nun 23% nos últimos tres anos, como explica esta profesional.

Dous facultativos especialistas en análises clínicas e dúas técnicos de laboratorio ocúpanse desta sección concreta do servizo e analíticas do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Unha das accións empregadas para o diagnóstico de certas enfermidades autoinmunes é a inmunofluorescencia indirecta. Nesta técnica, márcanse con fluorescencia os distintos elementos a analizar e, posteriormente, obsérvanse cun microscopio de fluorescencia para determinar patróns e intensidade de fluorescencia. O devandito servizo conta cun sistema automatizado para a lectura desta técnica, que xera imaxes fotográficas que, posteriormente, se integran e poden ser revisadas sen necesidade de empregar a microscopia específica, quedando incorporadas no sistema informático de laboratorio na historia do paciente, o que permite facer o seguimento do mesmo.

O Complexo ferrolán destaca nesta técnica xa que foi o primeiro servizo de Galicia en incorporala, e conta con ampla experiencia na súa interpretación.

Agora, apuntan, con este expediente vaise incorporar a última versión do sistema. En termos xerais, 54 profesionais fan posible o diagnóstico das diferentes patoloxías no departamento de Análises Clínicas da Área Sanitaria, que realiza un total de 4.697.641 determinacións ó ano, e que dá conta do enorme volume de actividade de apoio que realizan para os profesionais da saúde.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620