Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fene

Roger de Flor homenaxea ao poeta Luís Maquieira no seu último videoclip

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Na canle de Youtube do músico fenés Roger de Flor xa se pode ver o seu último videoclip, “Muíño da Malladoira”, título dun poema que Luís Maquieira, falecido hai xa sete anos e que durante unha etapa longa do seu epílogo vivira a carón do que queda do castelo de Nogueirosa, incluíu no seu libro “Versos del agua”.

O cantautor de Limodre púxolle música a esta composición de Maquieira, con quen De Flor tiña “unha débeda pendente”. “Dei co sitio, nas aforas de Lugo, un lugar precioso, incrible. Pensei que, ademais de pórlle a melodía, sería boa idea facer un vídeo nun lugar tan evocador e tan especial para el. Sempre me contaba que alí, na Malladoira, pasou os anos máis felices da súa vida”.

O tema está gravado con algúns dos colaboradores habituais de Roger: Pedro Montilla (violín), Charlie Mysterio (guitarra española) e César Yáñez ao pandeiro. Da guitarra acústica, o baixo e a voz encargouse o propio De Flor. Para o vídeo contou coa axuda de Eduardo Castro Bal, fotógrafo e tamén amigo do finado.

O músico levaba moito tempo pensando nesta idea. “No meu devir humano e artístico Luís foi fundamental". "De feito", lembra, “foi el quen me bautizou como Roger de Flor cando eu estaba empezando a facer cousiñas e traballando naquela maqueta que se chamaba 'Cancións de amor e retranca'. E aí quedou”.

Estrea en Canido

De Flor rememora con saudade os momentos compartidos e as xuntanzas ao pé de Andrade con amigos como O Marqués das Viñas. “Eran encontros antolóxicos”, subliña, “e Luís axudou a sacar cousas de min que resultaron ser moi positivas. Axudoume a superar medos, a confiar nas miñas posibilidades”. Ese agarimo converteuse nun vencello case familiar. “Coa súa filla, María, que é unha artista estupenda, teño moi boa relación”, apunta.

Roger de Flor anuncia que a estrea en directo da canción farase o Día das Letras Galegas no centro cívico de Canido. Alí, no barrio alto, contará coa colaboración de Pedro Montilla e poderá saldar unha débeda emocional cun home que marcou a súa vida e que, lamenta o artista fenés, segue a ser un gran descoñecido para o público.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620