Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Xaquín Marín | “A caricatura é tan consistente como calquera outra das belas artes”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A colección que Xaquín Marín levaba “tanto tempo imaxinando” xa pode visitarse na súa casa, o Museo do Humor de Fene, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 de luns a venres e de 10.00 a 13.00 os sábados.

Son en total 15 os autores que reúne a exposición que se inaugurou na tarde deste mércoles coa presenza da coordinadora do Museo, Almudena Marcos; o concelleiro de Cultura do municipio, Justo Ardá, e un dos protagonistas da mesma, o ferrolán Siro López. “Eu tiña un obxectivo no que levo moito tempo pensando e tratando de materializar, que era traer a Fene aos mellores humoristas gráficos do mundo. E aquí están”, lembraba onte tras o acto inaugural.

Ademais de Siro, expoñen as súas obras –tres cada un– Agim Sulaj (Albania, 1960), Alessandro Gatto (Italia, 1957), Ángel Boligán (Cuba, 1965), António Moreira Antunes, “António” (Portugal, 1953), Cau Gómez (Brasil, 1972), Dalcio Machado (Brasil, 1972), David Vela (España, 1967), Izabela Kowalska-Wieczorek (Polonia, 1955), Luc Descheemaeker “O-Sekoer” (Bélxica, 1955), Mahboube Pakdel (Irán), Marilena Nardi (Italia, 1966), Michael Kountouris (Grecia, 1960), Mikhail M. Zlatkovsky (Rusia, 1944) e Pawel Kuczynski (Polonia, 1976).

Todos eles compoñen o “Olimpo” da caricatura de Xaquín Marín que, agora desde outra posición, segue a colaborar intensamente cun museo que lle debe non só o nome. Resalta que a organización da mostra foi doada porque “todos me puxeron moitas facilidades. A verdade é que foi rápido e demostraron unha xenerosidade tremenda”, en boa medida como resposta ao prestixio que ao longo dos seus 40 anos de existencia foi construíndo o Museo do Humor.

“A miña intención última, ademais de poder aprezar o talento de todos estes grandísimos humoristas gráficos, é demostrar que a caricatura ten tanta consistencia como calquera outra das que consideramos belas artes”, explica Marín.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620