Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Unha paella de dous metros para homenaxear en Ares ao añorado Ramón Rey

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A memoria colectiva aresá leva na cabeza e no corazón a Ramón Rey Sánchez, falecido en 1982 e coñecido polo alcume de Garrafón, que dá nome a esta  festa gastronómica que se celebrará na súa honra, este venres a partir da 13.00 horas no parque Rosalía de Castro.

Fora como repartidor de prospectos do Radio Cine ou como pregoeiro de bandos municipais, a irremprazable voz ronca do homenaxeado cumpriu unha función informativa realmente particular. Por este motivo, o Concello e a Comisión de Festas do Mar lembran a esta figura local coa elaboración dun prato e unha festa gastronómica ao seu redor.

Trátase dun arroz que estará elaborado polo especialista paelleiro José Aira, que acompaña con polo, verduras, calamar, mexillón, gambas e garrafón, un tipo de faba característica do sur de España. “Por terra, mar e aire e por debaixo da auga” é unha das frases que vociferaba Ramón Rey e á que intencionalmente alude a receita deste arroz con garrafón.

O encontro contará cunha paella de 1,90 metros de diámetro, que bastará para servir entre 600 e 700 racións, que estarán acompañadas de auga ou viño, ademais de pan, a un prezo de 10 euros. Esta innovación gastronómica completa o resto da oferta do período estival e constitúe unha das principais novidades da programación. A proposta foi presentada, co seu programa, este mes no consistorio coa intervención da concelleira de Cultura, Alma Barrón, xunto con Gloria Rodríguez e Marta Cobelo, presidenta e tesoureira, respectivamente, da Comisión de Festas do Mar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620