Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Heredeiros da Crus, Dakidarría e Miguel Costas, no cartel do XX FeneRock de setembro

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Outra das citas musicais habituais do verán fenés ten como escenario o paseo marítimo de San Valentín. Alí celebrarase, os días 22, 23 e 24 de setembro, a vixésima edición do FeneRock Festival, que xa deu a coñecer o cartel de grupos que, desta volta, animarán o ambiente desta recoñecida cita musical.

Heredeiros da Crus, Dakidarría e Miguel Costas (exintegrante de Siniestro Total) serán, apuntan desde a organización, os pratos fortes dun programa do que tamén formarán parte Me Fritos and The Gimme Cheetos, Stoned at Pompeii e as bandas locais Sandford Music Factory, Cranio e Far Away Place.

Ademais, como en cada edición, o sábado ao mediodía poderase gozar do concerto da sesión vermú, con entrada gratuíta, e o domingo, como peche da edición, doutra actuación tamén ao mediodía da man dos ferroláns Nuevo Plan e tamén xantar popular.

As entradas para poder disfrutar do evento xa están á venda e poden ser adquiridas a través da web www.entradium.com.

Recinto

O festival, que chega así á vixésima edición, desenvolverase nun recinto pechado, baixo carpa, con zona de acollida a discapacidades, espazo de acampada gratuíta e exclusivas food trucks, tal e como se avanza desde a organización que agarda con moito entusiasmo, tendo en conta a celebración do vixésimo aniversario, un festival de referencia no panorama da música rock.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620