Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Finaliza o prazo para anotarse na segunda edición da Universidade Senior ortegana

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Ortigueira acollerá unha nova edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade Senior. Logo do éxito acadado pola primeira, o consistorio volve colaborar coa Universidade da Coruña para acoller durante os meses de abril e maio unha nova acción formativa dirixida ás persoas maiores de 50 anos.

As persoas interesadas en participar poderán tramitar a solicitude telematicamente a través deste enlace.

“Despois da boa acollida do programa na súa primeira edición, celebrada no noso municipio o ano pasado, desde o equipo de goberno local volvemos apostar pola formación e seremos de novo sede deste proxecto, co que se busca ofrecer ás persoas maiores de 50 anos a oportunidade de seguir aprendendo”, segundo manifestou o rexedor local, Juan Penabad Muras.

Esta iniciativa académica dará comezo a próxima semana e finalizará o 30 de maio, ofrecendo clases teóricas dous días a semana, de 17 a 19 horas no Teatro de Beneficencia. Tamén haberá clases prácticas, que estarán impartidas por profesorado da UDC, como sinalan desde o Concello de Ortigueira.

Contidos

O programa consta de tres módulos, o primeiro deles sobre patrimonio social e cultural e no que se abordarán clases sobre lingua e literatura galega, arte contemporánea, arquitectura antiga e tamén unha visita cultural.

O segundo versará sobre medioambiente e sostibilidade, abordando temas como a inxeñaría, tecnoloxía ambiental, agronomía do mar e terrestre e tamén contempla facer unha visita ao campo pola zona. O último módulo tratará sobre saúde e benestar, con formacións sobre estratexias para coidadores de dependentes, educación para a saúde e unha sesión práctica de exercicio terapéutico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620