Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

A escola infantil de neda mantén a matrícula aberta a novas incorporacións

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A escola infantil municipal Os Pelegríns do concello de Neda arrincou este curso escolar cun total de 23 nenos e nenas nas súas aulas. O alcalde, Ángel Alvariño, visitou onte as instalacións e lembrou que o prazo de matrícula continuará aberto en tanto non cubra as vacantes existentes.

O rexedor municipal e a concelleira delegada de Igualdade, Ángeles Puentes, achegáronse  ao centro para saudar ao alumando, e interesarse por como está resultando o seu período de adaptación. O curso botou andar o 2 de setembro con catro nenos de menos de un ano; seis de entre un e dous anos, e trece no grupo dos maiores, con idades comprendidas entre dous e tres anos.

O alcalde Ángel Alvariño anima á veciñanza con fillos ou fillas de entre 0 e 3 anos, con dificultades para conciliar vida laboral e obrigas familiares, a botar man deste servizo gratuíto, cunha xornada que se adapta a cada caso (xornada completa, media ou reducida) e conta con servizo de cociña e comedor propios, cun menú pautado por unha nutricionista, e adaptado ás necesidades de cada neno. Ao ter todavía prazas vacantes, o centro ábrese a alumnado doutros municipios próximos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620