Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Entra en vigor o cambio do PXOM en cinco núcleos rurais do municipio de Fene

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620 X 50 LICEO LAPAZ

O Concello de Fene publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) –na edición correspondente ao pasado día 9– a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a delimitación dos núcleos rurais dos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro. 

Trátase dun cambio, explican dende o Consistorio, co que se transforma o actual solo urbano e rústico destes lugares nunha mesma cualificación como “solo de núcleo rural”. “Realizouse nunha parte do noso territorio onde existe unha alta demanda veciñal, onde hai solo suficiente para o seu desenvolvemento poboacional e onde é factible garantir un crecemento sostible, xa que existen servizos básicos suficientemente dimensionados ou previsión de crealos a curto prazo”, aseverou o responsable de Urbanismo, Manuel Polo.

Habilítase deste xeito a posibilidade de construír ata 180 vivendas unifamiliares. “É un fito histórico no noso concello e permite corrixir unha eiva tamén histórica do planeamento do 2003, que non prevía suficientemente o crecemento futuro das zonas de transición entre o núcleo urbano e a zona rural”, engadiu.

Dita modificación inclúe, así mesmo, os usos terciarios correspondentes para a creación de pequenos negocios.

A votación

Desde o executivo fenés destacan o “alto grao de consenso” alcanzado en todo o proceso, así como as achegas formuladas pola veciñanza antes do seu inicio –en decembro de 2021, “e tamén despois en forma de alegacións”.

Dito documento recolle esas propostas formuladas polos residentes durante o periodo de exposición publica, posterior á aprobación inicial da proposta deseñada pola empresa Arqyur. “O cambio no planeamento reflicte o sentir xeral dos veciños e veciñas e tamén atende á maioría das alegacións totais ou parciais que presentaron, referidas a un total de 55 parcelas”, apunta o Concello.

“Trátase dun importante avance no desenvolvemento urbanístico de Fene e dunha maior seguridade xurídica das zonas beneficiadas”, remarca o executivo local.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620