Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

O Día de Galicia coincide esta vez co ano adicado á figura de Castelao

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A celebración do 25 de xullo como Día de Galicia e patrón da comunidade, co que é festivo en todos os concellos, coincide neste 2025 coa celebración do ano Castelao, xa que se cumpre o 75º cabodano do pasamento deste artista, escritor, intelectual e político galeguista.

Ao longo deste tempoo celebráronse múltiples actos vinculados coa figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, vinculado con esas Irmandades da Fala das que partiu o nomeamento deste 25 de xullo como Día da Patria.

Foron precisamente esas Irmandades as que determinaron a data do 25 de xullo como xornada de reivindicación nacional desde 1920, logo dunha decisión nese sentido da II Asemblea das propias Irmandades, pero non pasará a denominarse como Día da Patria Galega ata o 1968.

Aínda que Castelao vén sendo homenaxeado dende todas as institucións e entidades galegas ao longo deste ano, este data do Día de Galicia serve tamén nalgúns concellos para lembrar o intelectual no seu aniversario.

En Cedeira, este mesmo venres terá lugar ás 12.00 horas o acto institucional –un dos poucos concellos da comarca que celebran hoxe dende o Concello o Día da Patria Galega–, con concentración na praza do Concello e lectura do manifesto institucional. Visionarase, ademais, a recreación do discurso “Alba de Gloria” do propio Castelao.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620