Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

O Concello de Cabanas minimiza a burocracia do imposto de vehículos

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Cabanas aprobou a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica con dúas melloras que buscan a simplificación e redución dos trámites administrativos e a burocracia para a veciñanza e, ao mesmo tempo, cambios que promovan a sostibilidade e a responsabilidade co medioambiente da corporación municipal.

A primeira destas novas transformacións elimina a necesidad de renovar de maneira anual a exención ao citado imposto para aquelas persoas cunha discapacidade superior ao 33% ou con mobilidade reducida. Ata o momento, estos usuarios debían  facer este trámite de forma periódica –coa presentación dunha copia do certificado de discapacidade acompañada doutra da póliza do seguro en vigor–. A partir do ano que vén, momento no que entrarán en vigor ambas medidas, axilizarase o proceso xa que, unha vez solicitada a exención e aprobada, terá renovación automática sen que o veciño ou veciña deba facer nada a maiores. Con esta acción buscan, dende o goberno local, “simplificar os trámites con especial foco naqueles que presentan maiores dificultades para levalos a cabo no seu día a día”.

Nesta misma liña, a outra medida que entrará en funcionamento no próximo 2025 será a modificación das bonificacións ás que teñen dereito os vehículos híbridos e eléctricos dentro do termo municipal. Neste caso, duplícase a cuantía, pasando dun 25% a un 50% permanente naqueles coches con emisións nulas, mentres que os eléctrico-gasolina, eléctrico-diésel ou eléctrico-gas compartirán esta porcentaxe pero só nos primeiros cinco anos naturais dende a primeira matriculación.

Dende o consistorio local comentan que “con esta medida promóvese unha mobilidade sostible para a veciñanza e, ademais, incrementa os beneficios para aqueles novos vehículos que polas súas características reduzan as emisións de gases contaminantes”.

Vivenda

Seguindo esta misma liña, o Concello de Cabanas lembra que actualmente xa se pode solicitar unha redución do 30% do Imposto de Bens Inmobles para aquelas vivendas que –sendo domicilio habitual e reunindo os requisitos– teñan instalados sistemas para o aproveitamento térmico e eléctrico da enerxía proveniente do sol para o autoconsumo; ademais, esta medida tamén se aplicará nas residencias que sexan certificadas coa maior eficiencia enerxética dispoñible.

Así, coa entrada en vigor desta serie de directrices o goberno de Cabanas busca “avanzar no seu compromiso adquirido no PACES de implementar as medidas que busquen un municipio ecolóxico, responsable co medio ambiente e eficiente”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620