Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

O Concello de Cabanas comeza hoxe coas actividades polo Día Internacional do Orgullo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Cabanas comeza hoxe coas actividades programadas para a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+ que se conmemora este sábado día 28.

Así, ás 11.00 horas, o Consistorio comezará co repintado do banco que luce a bandeira do colectivo no Paseo da Madalena para concienciar acerca “dunha data especial para subliñar e reforzar a reivindicación de respecto á identidade de cada individuo, así como a libertade de ser e sentir”, explicou o executivo de Fernando Couce.

O día 27 terá lugar a clausura das actividades municipais, onde se levará a cabo un acto cunha declaración institucional como antesala as accións de sensibilización que se botarán a rúa o propio sábado da man de membros deste colectivo, representado polos máis novos da localidade.

Neste sentido, desde o goberno municipal inciden en que todas estas propostas están pensadas co obxectivo de “seguir avanzando nunha sociedade baseada na tolerancia”.

Asimismo, a través das redes sociais, fixeron un chamamento á veciñanza para que tome parte nas accións e obradoiros que fomenten a creación dunha sociedade que teña como eixo o respecto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620