Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cedeira

“Insubmisión ambigua”, unha obra colectiva que se presenta en Cedeira

A asociación Lgtbiq+ Mestas, de Cedeira, organiza o acto de presentación do libro colectivo “Insubmisión ambigua: Voces e relatos alén da monosexualidade”, coordinado por Ánxela Lema París e Ana M. Amigo-Ventureira. Este encontro terá lugar o venres, ás 19.00 horas, no bar Pinzón da localidade.

Edicións Xerais publica este volume na súa sección de ensaio, que se define como unha “sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario”. Así, a obra recolle os textos de persoas que non temen a fluidez ou a ambigüidade sexo-afectiva e entenden que é preciso romper cos binarismos, por medio de formatos diversos: dende os máis biográficos ou políticos até outros de corte máis literario.