Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Aniversario

25 Aniversario | Diario de Ferrol, a por moitos máis

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Diario de Ferrol cumpre un cuarto de século, 25 anos desde que un amplo e xove equipo, capitaneado por Germán Castro e Chelo Loureiro, comezaba a súa andaina sen pensar no futuro, só nun presente que se adiviñaba moi prometedor e que, co lema “As cousas de aquí contadas desde aquí”, deixaba claro o que facía: dar voz aos ferroláns e ferrolás e a cada un dos concellos da comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Moito persoal, moitas seccións, moitos medios… que reflectían o entusiasmo por parir un xornal propio.

Non hai nin un mes que ocupo o cargo de directora de Diario de Ferrol, polo que case nada teño no meu haber como tal e moitísimo no debe. Pero estou de celebración de 25 anos de traballo no Diario de Ferrol, desde o primeiro día que Germán Castro me chamou para emprender este camiño que eu xa empezara como colaboradora de El Ideal Gallego, pertencente á mesma Editorial La Capital, da que formamos parte os equipos de Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Diario de Arousa, DxT e Diario Compostela.

Así que non só festexo a efeméride do xornal, senón a miña vital, con algúns que comezamos xuntos -só quedan outras dúas persoas do plantel orixinal- e con outros que quedaron polo camiño dos recortes en tempos difíciles, que convertiron un periódico grande no que segue a ser un gran periódico, iso si, con menos traballadores. Celébroo tamén con novas incorporacións que dan conta da necesidade de evolucionar: as redes, os medios dixitais son o futuro, como tamén o son a publicidade e as relacións públicas e a iso nos agarramos con forza.

Ninguna das persoas que traballa en Diario de Ferrol se limita a cumprir as súas funcións, van moito máis alá. Somos un equipo pequeno pero compacto e estamos dispostos a continuar na festa indo non a por outros 25 anos, senón a por moitos máis. No ano de Torrente Ballester para min é máis que evidente que, como a el Ferrol, a min, Diario de Ferrol “me fecit”.

Cristina Rodríguez Calvo es directora de Diario de Ferrol

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620